top of page

Magosto

O venres 11 de novembro, os nenos do CPI de Mosteiro-Meis, celebramos o Magosto.

Foi un día moi divertido. No patio do colexio, tivemos moitos xogos populares: a pesca de botellas, tirar pola corda, saltar á corda, o pano, os zancos, as bolas, os trompos, etc.

Despois de tanto xogar, puidemos degustar as castañas asadas.

Uxía Conde Silva.

bottom of page